antiprincipal

antiprincipal

(< anti- + principal)

  1. adx [FÍS]

    Nun sistema óptico, refírese a cada un dos planos conxugados, normais ao eixe do sistema e cun aumento lateral igual a -1. Un feixe de raios que saia dun punto P do plano antiprincipal obxecto e penetre no sistema emerxerá, concorrendo real ou virtualmente nun punto P’, do plano antiprincipal imaxe; esta imaxe, P’, atoparase na outra banda e á mesma distancia do eixe que o punto P.

  2. adx [FÍS]

    Aplícase a cada un dos dous puntos de intersección dos planos antiprincipais co eixe do sistema.