antipsiquiatría
antipsiquiatría
(
s
f
[MED]
Movemento psiquiátrico nado en Inglaterra durante a década do 1960 como denuncia das bases da psiquiatría clásica. Considera a enfermidade mental como un fenómeno socioxenético e, polo tanto, estende a súa denuncia á organización da sociedade e dos sistemas ideopolíticos, rexeitando a existencia de enfermidades mentais. De acordo con isto, basea o seu tratamento nun cambio das estruturas sociais, onde deberán desaparecer os vínculos de autoridade, de poder, de opresión e de marxinación social. Foron representantes destacados deste movemento: en Inglaterra, R. D. Laing, D. G. Cooper e A. Esterson; en Francia, R. Gentís; e, en Italia, F. Basaglia.