antofilita

antofilita
s f [MINERAL]

Silicato ferromagnésico, de fórmula (Mg,Fe)7Si8O22(OH,F)2, do grupo dos anfíbolos. Cristaliza na singonia rómbica e preséntase en forma de prismas ou de fibras, de cor castaña escura e brillo nacarado ou vítreo. Ten unha dureza de 5,5 -6 e un peso específico de 2,85 -3,57. Atópase sobre todo nas rochas metamórficas.

Palabras veciñas

Antofagasta | antófago -ga | Antofalla | antofilita | antofilo | antófilo -la | antófito -ta