antropofaxia
(< gr ἀνϴρωποϕαγία)
-
s
f
[ANTROP]
Hábito de comer carne humana, especialmente cando se leva a cabo por parte doutros humanos. Polo xeral o seu obxectivo é a apropiación da vitalidade específica do morto e adoita ir acompañada dalgún rito.
Sinónimos: canibalismo. -
s
f
[ANTROP]
Calidade de antropófago.
Sinónimos: canibalismo. -
s
f
[LIT]
Subcorrente literaria do Modernismo portugués que foi iniciada en 1928 por Oswald de Andrade (1890-1953) na Revista de Antropofagia. Entre os seus colaboradores atopábanse Mário de Andrade, Carlos Drummond de Andrade, Guilherme de Almeida, Yan de Almeida Prado, Augusto Meyer, Manuel Bandeira, Plínio Salgado e outros. O Manifesto Antropofágico defendía a influencia surrealista, o antirracionalismo e a defensa da cultura primitiva, a través da exaltación do canibalismo, para contrarrestar a influencia cultural europea. Oswald de Andrade defendía o “mal salvaxe” (“mau selvagem”) caníbal que coa súa devoración vai en contra das hipocresías da civilización. Tamén se consideradan antropofáxicas algunhas obras de António Alcântara Machado.
-
s
f
[MIT]
Son varios os seres antropófagos que aparecen nas crenzas tradicionais galegas. Así, a antropofaxia podía ser practicada por meigas ou bruxas que devoran as víctimas despois de esnaquizalas, gustando especialmente de neonatos e nenos non bautizados. Segundo a lenda, tamén é posible que os mouros de certas covas tamén a practicaran.