Anuario da Gaita

Anuario da Gaita
[PUBLIC]

Revista aparecida no ano 1986, editada pola Escola Provincial de Gaitas da Deputación de Ourense. Colaboraron nela: Ernesto Iglesias Almeida, Antón C. Requeixo, Ramiro Conde Amado, Manuel Castro Cambeiro, Carlos González e Xoán M. González, entre outros. Incluíronse reportaxes con gráficos, fotografías a cor e debuxos sobre aspectos históricos relacionados coa gaita galega e con gaitas doutros países. Tamén novas sobre encontros populares, presentación de grupos musicais, partituras con cantigas e entrevistas a músicos e instrumentistas, entre outras moitas reportaxes, todas elas vencelladas ao mundo da gaita.