Ánxelo
Ánxelo
Familia bizantina que deu senllas dinastías ao Imperio de Bizancio (1185-1204) e ao Despotado do Epiro (1204-1318). Estas dinastías foron fundadas por dous netos do matrimonio entre Constantino Ánxelo e Teodora: por unha banda, Isaac II Ánxelo, fillo de Andrónico, proclamado Emperador despois de derrocar ao derradeiro dos da dinastía dos Comneno, foi destronado polo seu irmán Aleixo III no 1195, restablecido no 1203 e deposto novamente no 1204; pola outra banda, Miguel, fillo ilexítimo do Sebastocrátor Xoán, fundador do Despotado do Epiro, onde a dinastía dos Ánxelo perdurou ata 1318.