anxiografía

anxiografía
s f [MED]

Estudio radiográfico dos vasos do organismo practicado despois da inxección dunha substancia opaca aos raios X. A técnica varía dependendo de se se trata do estudo das arterias (arteriografía), as veas (flebografía) ou o sistema linfático (linfografía). A anxiografía de substracción dixital é unha nova técnica arteriográfica na que mediante a axuda dun ordenador elimínanse as imaxes dos tecidos que envolven os vasos, o que permite unha visión bastante máis nítida.