Anzabegoro

Anzabegoro
[PREHIST/ARQUEOL]

Poboado da Macedonia que presenta unha secuencia estratigráfica que principia no Neolítico antigo (5390 a C). Este xacemento arqueolóxico xunto co de Vrsnik permitiron a caracterización e subdivisión da cultura Anzabegoro-Vrsnik do Neolítico antigo de Macedonia e Albania oriental.