aoristo
aoristo
(< gr ἀόριστος‘indefinido’)
-
s
m
[LING]
Nome dun tempo da conxugación grega que expresa unha acción pasada sen interesarse pola súa duración, ao non expresar se queda ou non algo do seu efecto no momento en que se fala, nin pola súa posición respecto a outra acción; por exemplo, a forma do pretérito dixo, a diferencia do copretérito (durativo), dicía e do antepretérito (anterioridade), dixera. É o tempo propio da narración rápida. Na gramática árabe é o segundo tempo do verbo que fai, ás veces, de presente e de futuro.
-
aoristo gnómico
En grego, aoristo que expresaba unha verdade recoñecida, sen referencia temporal.