Aotus
Aotus
[ANIMAL]
Xénero de primates platirrinos da familia dos cébidos, moi semellantes aos titís, duns 30 cm de altura, pelame espeso, de cores marróns ou douradas, cola longa, cara redonda e ollos moi grandes. Teñen hábitos nocturnos e arborícolas e aliméntanse de insectos e froitas. Son propios da América do Sur.