aparente
aparente
(
-
adx
Como se presenta á vista.
Sinónimos: visible. -
adx
Que parece ou ten a aparencia de algo que non é realmente.
Ex: Foi unha morte aparente moi ben representada no teatro.
Confrontacións: artificial. -
diámetro aparente
[ASTRON]
Medida do ángulo que forman as dúas visuais dirixidas aos extremos do diámetro dun astro.
-
hipótese aparente
[ASTRON]
Hipótese totalmente ficticia que considera, con finalidades didácticas, que o Sol e todos os astros xiran arredor da Terra.
-
movemento aparente
[ASTRON]
Movemento dos astros segundo a hipótese aparente.