apegón

apegón

(

  1. s m [ANIMAL]

    Denominación común que reciben os antozoos mariños da orde dos actiniarios, caracterizados por presentarse como pólipos illados e fortemente adheridos ás rochas do litoral. Aliméntanse capturando pequenos animais nadadores grazas aos numerosos tentáculos urticantes, nos que quedan apegados e paralizados antes de ser dirixidos á única abertura superior. Reciben este nome as actinias e as anémonas.

  2. s m [PLANTA]

    amores.

Palabras veciñas

apegañoso -sa | apegar | apego | apegón | apegoto | apeiría | apeiro