apercepción
apercepción
(< percepción)
-
s
f
[FILOS]
Acto consciente de recoñecer o obxecto percibido. A distinción entre apercepción e percepción foi establecida por Leibniz, quen afirmou que existen percepcións vagas que non eran obxecto de reflexión; recollendo esta diferencia, introduciu a denominación apercepción para designar as percepcións acompañadas de consciencia.
-
s
f
[PSIC]
Proceso polo que son actualizadas as lembranzas desencadeadas por unha percepción, completándoa e mesmo deformándoa. A esaxeración patolóxica da apercepción toma o nome de alucinación aperceptiva.