apio
(
-
s
m
[PLANTA]
Herba bienal, comestible, moi cheirenta, de follas pinnatisecta e brillantes, talo fistuloso, flores abrancazadas e raíz engrosada. Cultívase para aproveitar os cadolos, reservados da luz por ser preferidos para o consumo brancos. Ten efectos diuréticos, achega calcio, fosfato e fibra; é unha fonte pobre de calorías.
-
apio dos cabalos
[PLANTA]
Herba bienal de ata 150 cm de altura, de follas tripinnadas (coas inferiores pecioladas e as superiores sentadas), de flores amarelas en umbelas de 6 a 15 radios, e de froito ovoide, con tres costelas agudas a cada lado, negro ao madurecer. Propia de prados das zonas baixas do país, cultívase para recoller as raíces.
-
s
m
[ALIM]
As raíces e talos do apio consómense cocidos, en ensalada, etc. Posúe un aceite esencial que lle dá un aroma e sabor característico. Entre os diversos tipos temos o apio nabo, unha hortaliza de inverno que debe estar firme e que se debe pelar antes de cociñar, sobre todo en rebandas; pode comerse crúa, fervida, aliñada cunha salsa, en purés ou en sopas e guisos. Tamén temos o apio ravo, variedade que se pode cociñar coma as patacas ou que pode acompañar nos postres.