Apis

Apis

Touro sagrado do antigo Exipto, considerado como a encarnación do deus Ptah. Asociado a Osiris durante o Imperio Novo, o seu culto foi en aumento durante o terceiro período intermedio e, sobre todo, a partir da baixa época, momento no que a súa fusión con Osiris é total, xurdindo así unha nova divindade, Serapis (Osiris-Apis). Encarnado nun touro real ao coidado de sacerdotes foi enterrado en espléndidas catacumbas, a máis famosa delas é o Serapeo de Sakkara.

Palabras veciñas

apiramidado -da | apirético -ca | apirexia | Apis | Apis | apisoadora | apisoar