aplanamento

aplanamento

(< aplanar)

  1. s m

    Acción e efecto de aplanar.

  2. aplanamento de demanda [DER]

    Asentimento á demanda.

  3. superficie de aplanamento [XEOG]

    Unidade morfolóxica do relevo, desenvolvida en altitude, que se caracteriza polo predominio da horizontalidade fronte ás serras e ás depresións. En Galicia as superficies de aplanamento orixináronse como consecuencia do proceso erosivo sufrido polo zócolo máis antigo do país. Correspóndense coa denominada Superficie fundamental de Galicia, que aumenta en altitude a medida que nos encamiñamos cara ao S do Miño-Sil, situándose a cota máis baixa nos 100/200 m e a máis alta en 1.700 m.

Palabras veciñas

aplacóforo | aplanado -da | aplanador -ra | aplanamento | aplanar | aplanético -ca | aplanetismo