aplicación

aplicación

(< lat applicatiōne)

  1. s f

    Acción e efecto de aplicar ou de aplicarse.

  2. s f

    Posibilidade de servir ou ser utilizado para algo.

    Ex: Unha das aplicacións do algodón é a confección.

  3. s f

    Constancia ou esforzo que se pon para realizar un traballo, especialmente o estudio.

    Ex: A súa aplicación no estudo levouna ó doutoramento.

  4. s f [TÉXT]

    Ornamentación que se pon sobre unha prenda para enfeitala.

    Ex: A túa cazadora leva unhas aplicacións de flores.

  5. s f [MAT]

    Correspondencia entre dous conxuntos onde todo elemento do primeiro conxunto (ou orixinal) ten unha soa imaxe no segundo conxunto. Se elementos diferentes teñen imaxes diferentes, a aplicación chámase inxectiva; se todo elemento do segundo conxunto é imaxe alomenos dun elemento do primeiro, a aplicación é exhaustiva; unha aplicación que sexa ao mesmo tempo inxectiva e exhaustiva chámase bixectiva ou unívoca.

  6. aplicación idéntica [MAT]

    Aplicación que se establece entre un conxunto e el mesmo de xeito que a cada elemento do conxunto lle corresponde el mesmo.

  7. aplicación lineal [MAT]

    Aplicación establecida entre dous espacios vectoriais, E e F, de xeito que para dous elementos calquera x, y de E cúmprese: f(x+y)=f(x)+f(y) e f(λx)= λf(x) onde λ é un escalar.

  8. [INFORM]
    1. s f

      Conxunto de instrucións e datos que unha vez executado permite traballar cun ordenador e os seus periféricos realizando funcións como procesar textos, compoñer ilustracións, tratar fotografías, etc.

    2. aplicación asasina

      Aquela que pola súa amplitude e versatilidade pode substituír vantaxosamente a outras existentes con anterioridade.

    3. aplicación multimedia

      Aquela na que se empregan combinados varios soportes e formatos de gravación de datos, combinándose en tempo real os datos almacenados en cada un deles cos demais. Por exemplo, sería multimedia un programa que empregase fotografías, sons e textos combinados.

  9. s f [DER/ECON]

    Operación bolsista na que se unen ordes de signo contrario.

  10. s f [FILOS]

    Concepto procedente da hermenéutica, designa a adaptación do sentido dunha situación e momento concretos dende os que se exerce a comprensión do texto interpretado.

  11. s f

    Termo da xerga das palilleiras que corresponde á voz que designa un tipo de encaixe que se une a outro, xeralmente nun extremo.

    Sinónimos: aplique.

Palabras veciñas

Apletodon | aplicabilidade | aplicable | aplicación | aplicado -da | aplicador | aplicar