APNL
APNL
Nome científico:
[Arquivo de Planificamento e Normalización Lingüística]
Centro de documentación nacido en 1998 no seo do Consello da Cultura Galega. A súa función é buscar todos os datos que sexan posibles verbo dos fondos bibliográficos dispoñibles ao público e ademais recompilar información sobre outros centros de documentación importantes. Esta institución pretende dar información sobre todas as iniciativas que xorden en Galicia no que respecta á situación da lingua galega e ademais atender a outros traballos de planificación e de normalización lingüística relacionados con calquera lingua minorizada. Ademais, é o punto de referencia fundamental para institucións e profesionais interesados na procura de información sobre o proceso sociolingüístico do galego.