apocatástase
apocatástase
(
s
f
[RELIX]
Retorno final de todas as criaturas intelixentes á situación primixenia, segundo algúns teólogos e pais da Igrexa, ao tempo que se reconcilian con Deus. Esta doutrina foi ensinada por Gregorio de Nazianz, Teodoro de Mopsuestia e Xoán Escot Eriugena. Profesárona algúns anabaptistas moravianos e cristadelfos e, máis recentemente, algúns adventistas.