apoderado -da
apoderado -da
(< apoderar)
-
adx
De moito poder.
Ex: Veu un home dos máis apoderados da comarca para dar un mitin político.
Confrontacións: podente. -
s
[DER]
Persoa a favor da que se outorgou un poder, que o acepta, e en virtude do que pode actuar legalmente en nome e en interese do poderdante, dentro dos límites das facultades conferidas.
Ex: O apoderado do toureiro confirmoulle a súa presenza no San Isidro.