apofilita

apofilita

(< apo- + filita)

s f [MINERAL]

Fluosilicato de calcio e potasio hidratado, de fórmula KFCa4Si8O20 · 8H2 O, do grupo dos fosilicatos. Os cristais, do sistema tetragonal, son de forma piramidal, prismática, tabular ou cuboide. É fráxil, de exfoliación perfecta, de dureza 4,5-5 e peso específico 2,33-2,37; transparente ou translúcido, incoloro ou de cor branca, rosada ou verde clara. Atópase nas cavidades das rochas basálticas.

Palabras veciñas

apofático -ca | apofatismo | apoferritina | apofilita | apófise | apofisite | apofonía