Apolinar de Alexandría
Apolinar de Alexandría
ou o Vello (Alexandría s IV) Retórico cristián. Pai de Apolinar de Laodicea. Cando Xuliano o Apóstata prohibiu aos cristiáns a ensinanza das obras clásicas, escribiu para substituílas libros de gramática, poesías, etc, a imitación de Eurípides e doutros estudiosos, dun notable interese histórico.