apoloxía
apoloxía
(< gr ἀπολογία‘defensa, xustificación’)
-
s
f
Discurso ou escrito xustificativo en defensa ou gabanza dalgunha persoa ou causa.
-
s
f
-
[FILOS/RELIX]
Defensa de determinadas verdades da fe cristiá ante as obxeccións de quen as neguen coa intención de demostrar a compatibilidade destas verdades coa razón.
-
[LIT/RELIX]
Escrito dun apoloxeta.
-
[FILOS/RELIX]
-
apoloxía do delito
[DER]
Apoloxía dos feitos ilícitos ou dos culpables destes, considerada pola doutrina como unha forma atenuada de indución e, por iso, sancionada, a miúdo, polas lexislacións. Nas leis penais españolas a apoloxía do terrorismo e dos terroristas ten a consideración de delito autónomo, especificamente tipificado e penalizado.