apoplexía

apoplexía

(< lat apoplexǐa < gr ἀποπληξία‘parálise’)

  1. s f [PAT]
    1. Extravasación masiva de sangue ao interior do encéfalo, procedente dunha arteria intracerebral (hemorraxia cerebral). Nun sentido amplo, aplicouse tamén este termo a outros accidentes vasculares cerebrais como a trombose ou a embolia, pero que en sentido estricto cómpre reservalo para a hemorraxia. A aplopexía condiciona habitualmente un cadro clínico grave de inicio brusco. Un 80% destes casos son mortais e os que sobreviven quedan con secuelas de intensidade variable, habitualmente hemiplexias. Entre as causas destacan a hipertensión arterial, os aneurismas e outras malformacións vasculares cerebrais, a arteriosclerose e as diateses hemorráxicas.

    2. Saída de sangue de súpeto e espontánea (non traumática) que se produce no interior dun órgano. Así, pódese falar de apoplexía da coroide do ollo, do bazo, do páncreas, do pulmón, do ril, etc.

  2. s f [AGR]

    Enfermidade da vide, caracterizada pola aparición repentina de cepas con pámpanos total e bruscamente marchitos que acaban por secarse; o mesmo pasa cos acios. Pode ser producida polo fungo basidiomiceto Stereum necator. O vento quente, seco e forte produce unha apoplexía non parasitaria, ao causar un exceso de evaporación que non se ve compensado pola absorción das raíces.

Palabras veciñas

apopétalo -la | apoplasto | apopléctico -ca | apoplexía | apoproteína | apoptose | apor