aposición
(
-
s
f
Acción e efecto de poñer unha cousa sobre outra.
-
s
f
[BIOL]
Engrosamento da membrana celular polo déposito superficial de substancias diversas. Xeralmente prodúcese un crecemento centrípeto da membrana, pero, nalgúns casos (grans de pole, esporas), o depósito efectúase sobre a superficie externa da membrana e o crecemento é centrífugo.
-
s
f
[LING]
Na xustaposición de dúas palabras que teñen unha mesma categoría gramatical, a segunda destas palabras serve para completar o significado da primeira. Do mesmo xeito acontece con grupos de palabras que, xustapostas, complementan a outra. A aposición pode ser de dúas clases: aposición explicativa, cando non engade ningún concepto novo ao elemento que determina, senón que simplemente explica algunha calidade deste, xa coñecida; e aposición especificativa, cando non só explica algo da palabra determinada, senón que, esencialmente a concreta.
-
aposición do selo
[ARQUIV]
Forma de adherir o selo a un documento para darlle validez.