appertización

appertización

(< antropónimo Appert +–ización)

s f [ALIM]

Técnica de conservación dos alimentos inventada por Nicolas François Appert. Consiste en someter ao baño maría durante un tempo determinado, variable para cada produto e para cada medida de envase, un alimento contido nun recipiente hermético. Modernamente, as técnicas de conservación por calor evolucionaron e modificouse o sistema proposto por Appert. O termo appertización substituíuse polo máis exacto de esterilización.