apresto

apresto

(

  1. s m

    Recubrimento que se aplica á superficie das peles curtidas para darlles as propiedades desexadas de aspecto e tacto, ou para protexelas dos axentes externos, tales como a auga ou o rozamento. Os aprestos máis frecuentes están preparados con proteínas, goma, laca, nitrocelulosa, resinas acrílicas e ceras. A súa aplicación faise con aerógrafo, pero tamén se utilizan felpas, cepillos accionados a man ou mecanicamente e outros dispositivos.

  2. s m [IND]

    Tratamento que recibe o papel no mesmo proceso de fabricación para modificar a súa superficie reducindo a súa porosidade e mellorando a súa aparencia, unha vez saído dos secadores.

    1. s m

      Cada un dos procesos, de acción eminentemente química, a que son sometidos os produtos téxtiles (fíos, tecidos, etc) para facilitar a súa posterior elaboración, ou para darlle o aspecto, tacto ou outras propiedades que faciliten a súa venda ou o uso final. O tipo e a forma de aplicación dos aprestos varían segundo a clase de fibra, o seu estado (fíos en forma de urdime, madeixa ou bobina, tecidos, etc) e o efecto que se queira obter (carga, rozamento, suavidade, impermeabilización, etc). Os aprestos poden consistir na simple adición de substancias químicas ou nunha modificación química do material téxtil. Os efectos obtidos poden ser permanentes ou non. As substancias máis importantes que se aplican son: a) féculas, dextrinas, colas e mucílagos, para dar rixidez; b) aceites e ceras para dar suavidade; c) sulfato de bario, caolín ou talco, para darlle textura ao tecido; d) substancias higroscópicas, como o glicerol que aumentan a humidade e, polo tanto, o peso do tecido; e e) funxicidas e antisépticos, coma o ácido salicílico e o formol. Para corrixir a cor dos aprestos pódense engadir pigmentos, colorantes e axentes de branqueo óptico.

    2. s m

      Composto dunha ou máis substancias, empregado para dar apresto a peles, tecidos, papeis, etc.

    3. apresto antiencollemento

      Tratamento ao que son sometidos algúns tecidos para darlles a propiedade de non encoller, consistente en anular e reducir o seu encollemento en contacto coa auga.

    4. apresto antiengurramento

      Tratamento ao que son sometidos os tecidos, xeralmente de tipo celulósico e a la, para facelos inengurrables.

    5. apresto antiescorregante TÉXT [TÉXT]

      Tratamento ao que son sometidos algúns tecidos para evitar que os fíos esvaren uns sobre outros.