a priori*

a priori*
  1. loc adv L

    ocución que significa ‘con anterioridade á experiencia’, ‘sen recorrer á experiencia’, ‘sen exame previo’.

    Ex: Todos estes datos facilitados a priori melloran o traballo que imos facer.

  2. loc adv

    Expresión que presenta o significado de ‘en principio’.

    Ex: A priori todo o que dixeches vai ser tido en conta no informe final.

  3. loc adv [FILOS]

    Que non se basea na experiencia. Na filosofía medieval, aplícase ao razoamento que procede das causas aos efectos, do universal ao particular, mediante dedución. Kant entende por coñecemento a priori aquel que non depende da experiencia, senón que é anterior a ela e polo tanto universal e necesario.

Palabras veciñas

A mad Shāh Durrānī | A madu Seku | a posteriori* | a priori* | a quo* | A ri | a sacris*