apropiación

apropiación

(< apropiar)

  1. s f

    Acción e efecto de apropiar ou apropiarse.

  2. [DER]
    1. s f

      Acto polo que unha persoa fai súa unha cousa, incorporándoa ao seu patrimonio coa intención de dispoñer dela en concepto de propiedade definitiva.

    2. apropiación indebida

      Delito contra a propiedade, diferente do furto, consistente en apropiarse ou distraer, en prexuízo doutro, diñeiro ou calquera outra cousa moble recibida en depósito, comisión, administración ou por outro título que obrigue á súa entrega ou devolución. Tamén constitúe delito negar, con ánimo de lucro, ter recibido dita cousa.

  3. s f

    Concepto procedente da hermenéutica fenomenolóxica que se refire ao proceso polo que o lector fai propio o que en principio lle era alleo, actualizando deste xeito o significado do texto en cuestión.

  4. s f [RELIX]

    Procedemento teolóxico polo que unha virtude ou calidade común ás tres persoas da Trindade se atribúe preferentemente a unha delas. Por exemplo, a omnipotencia atribúese ao Pai, a sabedoría ao Fillo e a verdade ao Espirito Santo.

Palabras veciñas

aprontamento | aprontar | apropiable | apropiación | apropiado -da | apropiador -ra | apropiar