apropósito
apropósito
s
m
[ESPECT]
Xénero teatral de carácter satírico e localista, moi habitual no s XIX. Aínda que se representaba durante todo o ano acabou identificándose, probablemente polo seu carácter paródico, co Entroido. En Galicia, cidades como A Coruña e Ferrol mantiveron a tradición de poñer en escena estas pezas ata ben entrado o s XX.