áptero -ra

áptero -ra

(< gr ἄπτερος ‘sen ás’)

  1. adx

    Que non ten ás.

  2. adx [ARTE]

    Designa unha figura, habitualmente alada, que aparece representada sen ás de forma excepcional.

  3. adx [ARQUIT]
    1. Aplícase á edificación, especialmente templos gregos da Antigüidade, que pode ter columnas nas fachadas principais, tanto anteriores como posteriores, pero non nas laterais. O máis famoso destas características é o templo da Niké Áptera na Acrópole de Atenas.

    2. Aplícase tamén á edificación sen pórticos laterais.

Palabras veciñas

apterigoto | apteríxido -da | apterixiforme | áptero -ra | Apteryx | aptialismo | aptitude