aqueménida

aqueménida

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos aqueménidas.

  2. s

    Membro da dinastía dos aqueménidas.

  3. s [HIST]

    Dinastía que gobernou o Imperio Persa dende o s VII a C ata a súa destrución por Alexandre o Grande. A dinastía comezou con Aquemenes, Rei dun pequeno distrito de Ela; con Ciro o Grande conquistou Babilonia, derrotou ao Rei medo Astíaxes e anexionou o Irán. Con Cambises II e Darío I a dinastía conseguiu o seu apoxeo; desta época consérvanse moitas inscricións en pedra de tipo conmemorativo ou relixioso. As derrotas contra os gregos en Salamina, Platea e Mícala durante as Guerras Médicas iniciaron a decadencia do Imperio Persa, acentuada polas loitas dinásticas entre Ciro o Novo, apoiado polos gregos, e o seu irmán Artaxerxes II. A división interna en que se vivía baixo o reinado de Darío III foi aproveitada por Alexandre que o derrotou e puxo fin á dinastía (351 - 352 a C).

Palabras veciñas

aqueloutrar | aqueloutro -tra | Aquemenes | aqueménida | aquén | aquén | aquendar