aqueo -a

aqueo -a

(< lat achaeu)

  1. adx

    Relativo ou pertencente a Acaia ou aos seus habitantes.

  2. s

    Natural ou habitante de Acaia.

  3. s [HIST]

    Pobos que desenvolveron a civilización micénica. Semella corresponder a unha das etnias preponderantes entre as inmigracións indoeuropeas á península helénica posteriores ao 2000 a C. Semella que están relacionados cos pobos do mar citados nos xeroglíficos exipcios do s XII a C, así como as inscricións hititas, se ben cun significado pouco claro. Probablemente colonizaron a Eolia, na costa NO de Anatolia. Con posterioridade, só se consideran aqueas Tesalia e Acaia, no Peloponeso.

  4. s m [LING]

    Lingua dórica de Acaia, no Peloponeso, e das colonias da Magna Grecia que substituíu ao aqueo antigo despois das invasións dóricas.

  5. s m [LING]

    Grupo de dialectos gregos dóricos da época micénica, chamado tamén grupo arcádico-chipriota, do que se coñecen, por inscricións, o arcádico, o panfílico e o chipriota. O máis antigo de todos os dialectos coñecidos do grego común, presenta os trazos máis arcaicos da lingua grega.

  6. s [LIT]

    Nos poemas homéricos, un dos termos máis usuais que designaba os gregos da chamada Idade Heroica.

Palabras veciñas

aquén | aquendar | aquenio | aqueo -a | Aqueronte | Aquerontia | aqueto -ta