Aquilino/Aquilina

Aquilino/Aquilina
[ONOM]

Antropónimo procedente do latín Aquilinus ‘que ten a natureza da aguia’. Este é un dos nomes que expresan a admiración polas calidades que teñen certos animais; non en balde, a aguia era o animal sagrado de Xúpiter. Non obstante , podería tratarse tamén nalgún caso da adxectivación do nome de Aquiles, equivalendo a “da familia de Aquiles”. É probable que deste nome derive o topónimo Aguiño, posto que xa na Idade Media aparece documentada a forma Aguiiño. Santo Aquilino (s VII), bispo de Evreux (Francia) e patrón da abadía de Cluny, ten varias celebracións: o 4 de xaneiro, o 29 de xaneiro, o 4 de febreiro, o 16 de maio, o 17 de maio e o 19 de outubro. A forma familiar de Aquilina é Cuqui.

Palabras veciñas

aquilífero | aquilino -na | Aquilino, santo | Aquilino/Aquilina | aquillado -da | aquilo | aquilón