Aquis Originis
Aquis Originis
Segunda mansión da vía romana número XVIII, chamada alio itinere ou nova, de Bracara (Braga) a Asturica (Astorga). Sitúase a 39 milliae de Braga, entre Salaniana e Aquis Querquennis, polo que se acepta a súa asimilación ao actual Baños de Riocaldo (Lobios), onde apareceron, entre outros restos arqueolóxicos, un miliario de Caracalla e outro de Traxano, xunto con instalacións termais.