Arakan ou Rakhine

Arakan ou Rakhine

Estado de Myanmar (36.778 km2; 2.482.000 h [estim 1994]). A capital é Sittwe (ou Akyab).   Sometido á influencia india durante o s IX, no s XI foi incorporado á Birmania unificada baixo Anawratha. A partir do s XV converteuse en reino independente, pero en 1785 foi novamente anexionado a Birmania. Despois da primeira guerra anglo-birmana (1826) fusionouse coa Baixa Birmania Británica (1862).

Palabras veciñas

Arahal | Arai Hakuseki | Arāk | Arakan ou Rakhine | Arakan Yoma | Arakhangaj | Árakhthos