araquidónico, ácido

araquidónico, ácido

(

Nome científico: [ácido 5,8,11,14-eicosantetratónico: CH<sub> 3 </sub> (CH<sub> 2</sub> )<sub> 4</sub> (CH=CHCH<sub> 2</sub> )<sub> 4</sub> (CH<sub> 2</sub> )<sub> 2</sub> COOH]
s m [BIOQ]

Un dos ácidos graxos indispensables, constituínte importante dos fosfátidos animais, presente en pequenas cantidades no fígado e no cerebro, nos órganos glandulares e en proporcións máis reducidas nas graxas de reserva e na manteiga. Bioloxicamente é o precursor da prostaglandina E2.

Palabras veciñas

arapende | Arapiles, batalla dos | araquídico, ácido | araquidónico, ácido | araquina | Araquistáin y Quevedo, Luis | arar