arbitrariedade
(< arbitrario)
-
s
f
Calidade de arbitrario.
-
s
f
Acto contrario á xustiza, á razón e ás leis, ditado polo capricho.
-
arbitrariedade do signo
[LING]
Calidade arbitraria do signo lingüístico. Este concepto foi formulado na obra de Ferdinand de Saussure Cours de linguistique gèneral (Curso de lingüística xeral) e é habitual exemplificalo dicindo que non hai ningunha razón, nin natural nin convencional, para que o animal que os ingleses denominan ox, sexa denominado boi polos galegos. Saussure define o signo como a unión dun significado cun significante (a “unha imaxe fónica”, séguea tamén un concepto); di que o que liga o significante ao significado é tamén arbitrario; sen embargo, como é descoñecida a maneira como se ligan dous conceptos, a frase é impenetrable. Por outra banda, o mesmo Saussure fala de motivación das palabras, unhas polas outras.