arcaísmo
(< gr ἀρχαίσμος‘imitación dos antigos’)
-
s
m
Calidade de arcaico.
-
s
m
[ARTE]
-
Supervivencia de elementos procedentes de canons artísticos propios dun tempo pasado.
-
Imitación deliberada de formas primitivas ou antigas.
-
-
s
m
[FILOS/ARTE]
En determinadas correntes de pensamento evolucionista, termo que designa o xeito de manifestarse a primeira fase do desenvolvemento dun fenómeno.
-
s
m
-
[LING]
Forma léxica ou construción sintáctica antiga que pode estar en desuso, por exemplo, o termo cobra para designar as estrofas no ámbito da lírica medieval, ou o apelativo mia senhor para designar a dama nas cantigas de amor. Pode ser tamén un termo aínda hoxe utilizado como, por exemplo a forma do artigo masculino el que constitúe un arcaísmo morfolóxico conservado nas expresións El-Rei e El-Señor; ou o arcaísmo sintáctico el utilizado como reforzo nas interrogativas; por exemplo: El si, Carliños? ‘A que si Carliños’.
-
[LING]
Uso de palabras, formas ou construcións antigas. O uso dos arcaísmos pode estar orixinado por unha tradición literaria ou por un recurso estilístico. Na literatura distínguense dous tipos de arcaísmo: os conservados por tradición ou os empregados para conseguir un determinado estilo. Así por exemplo, sería ridículo falar dun ‘casco’ na descrición dunha batalla ocorrida na Idade Media, pois esta voz na actualidade evoca un elemento que leva un motorista, un bombeiro, un ciclista, etc; deste xeito, non resulta axeitado falar de casco para referirse ao Cid Campeador senón que de helmo. Outros arcaísmos utilízanse para reflectir mellor as épocas pasadas, como aconteceu cos poetas neotrobadorescos que recuperaron as formas léxicas e estróficas medievais co fin de evocar a atmosfera de antano ou aproveitar a expresividade dos vocábulos antigos. Os arcaísmos contribúen tamén a configurar un rexistro culto; así, por exemplo, Eduardo Pondal emprega nos seus poemas moreas de cultismos e arcaísmos co obxectivo de acadar un rexistro máis elevado nos seus escritos.
-
[LING]