arcano -na

arcano -na

(< lat arcānu)

  1. adx

    Dise do que está oculto.

  2. s m

    Misterio ou segredo do que non se facilita coñecemento. OBS: Utilízase en plural xeralmente.

    Sinónimos: enigma, incógnita.
  3. s m [ALQ]
    1. Suposto gran segredo da natureza que a alquimia tentaba descubrir.

      Sinónimos: enigma, incógnita, misterio.
    2. Remedio secreto e poderoso.

  4. s m [HIST/RELIX]

    Nalgunhas relixións, parte da doutrina ou do culto que se mantén secreta para os non iniciados. Nos primeiros séculos do Cristianismo obsérvase unha práctica semellante sobre certos elementos doutrinais ou culturais.

Palabras veciñas

arcaizar | Arcand, Denys | arcanita | arcano -na | arcanxélico -ca | arcanxo | arcar