Arce

Arce
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe de orixe discutida. Para algúns investigadores provén do lugar de Arce, en Navarra ou Santander. Estendeuse polo resto da Península e por México. A rama que se asentou en Galicia procede de León. Os de Ourense descenden dos de Villalba, nas montañas de Burgos. Os de Asma, en Chantada, foron señores do pazo de Piñeiro en Pesqueiras. As armas dos Arce levan, en campo de prata, cinco flores de lis, de azul, postas en aspa; bordo axedrezado de prata e goles, en dúas ordes.