arcea

arcea
Nome científico: [Scolopax rusticola, Famdos escolopácidos]
  1. s f [ANIMAL/ORNIT]

    Ave duns 34 cms, grosa, co pescozo curto, cabeza grande e peteiro longo, de punta móbil e sensible, co que detecta e captura miñocas e larvas de insecto do humus nos bosques caducifolios. Os ollos grandes, propios da súa actividade nocturna, teñen unha disposición especialmente alta e atrasada ofrecéndolle á ave un campo de visión de 360°. A plumaxe é mimética de tons castaños como a follaxe seca do solo das fragas onde vive e aniña. Os pitos, nidífugos, son alimentados directamente polos pais e son transportados en caso de perigo, mesmo en voo, suxeitos coas patas e o peteiro. O voo é errático cun bater intermitente de ás. De distribución paleártica, está ausente na área mediterránea. Na Península Ibérica a súa presencia está limitada ao extremo norte como aniñadora restrinxida a Galicia e os sistemas montanos orientais. Ás aves sedentarias ibéricas súmanse en inverno importantes continxentes do resto do continente.

    Sinónimos: becada, torda.
  2. s f [ALIM]

    Ave moi apreciada en gastronomía. A súa preparación esixe o desplumado, pero é cociñada coa cabeza (sen os ollos) e con todos os órganos internos, menos a moega. O soufflé de arcea á Nasselrode, que inventou un conde ruso, mestura a carne de arcea, xamón, trufas e champaña. En Galicia, cocíñase igual ca o resto da caza de pluma.