Archivo de Indias
Archivo de Indias
Depósito da documentación relativa aos descubrimentos, ás conquistas e á administración das antigas posesións castelás de América e doutros territorios de ultramar, situado en Sevilla. Foi creado por Carlos III en 1781. Ocupa o antigo edificio da lonxa sevillana, construído a finais do s XVI. Os seus fondos orixinarios proveñen do Archivo General de Simancas, da Casa de Contratación e, posteriormente, do ministerio de Ultramar e doutros arquivos de carácter privado. A documentación que recolle (dividida en 14 seccións) comprende información sobre os descubrimentos, descrición de territorios e poboacións, os méritos e servicios dos primeiros descubridores, as reais cédulas de concesión de escudos de armas, etc.