Arenaria

Arenaria
[PLANTA]

Xénero de herbáceas pequenas e delgadas, anuais ou perennes, de follas opostas e enteiras, de flores brancas ou rosáceas, agrupadas en cimas ou glomérulos, e froito en cápsula. En Galicia atópanse as especies A. grandiflora, en lugares rochosos altos, A. montana, en fragas, matogueiras e piñeirais, e A. serpyllifolia, en lugares areosos e secos; as dúas primeiras son perennes e a última é anual.