Arenícola
Arenícola
[ANIMAL]
Xénero de anélidos poliquetos sedentarios co corpo dividido en tres rexións, das que a intermedia presenta branquias arborescentes. Escavan galerías na area do litoral á vez que reteñen as partículas orgánicas presentes nela, que constitúen o seu alimento. Coa baixamar deixan nas praias pequenas moreas espirais produto do filtrado. En Galicia é frecuente a especie A. marina que acada os 20 cm de lonxitude e que é empregada polos pescadores como isca.