areómetro
(< gr ἀραιός ‘delicado’ + grμέτρον ‘medida’)
-
s
m
[METROL]
Instrumento utilizado en areometría para determinar a densidade dos líquidos, que consiste nunha barra de vidro seguida dun ensanchamento que fai de cámara de aire e acabada con outro ensanchamento máis pequeno que contén azougue ou perdigóns. A súa flotabilidade nun líquido é en función directa da densidade deste líquido, de maneira que a lonxitude da barra que sobresae da superficie serve, graduada previamente, para poder determinala. A barra pode estar graduada directamente en densidades, e daquela o instrumento toma o nome de densímetro, ou en unidades convencionais chamadas graos, determinados á conveniencia do ramo industrial que os usa. Empréganse os graos Baumé (escala de Baumé) en aplicacións xerais, os graos API na industria do petróleo, os graos Brix (escala de Brix) na industria do azucre, etc.
-
areómetro de Baumé
[METROL]
Areómetro graduado en graos Baumé.