aresta

aresta

(

  1. s f [BOT]
    1. Apéndice recto e filiforme que presentan certas estruturas vexetais como follas, flores e especialmente as glumas das gramíneas.

      Sinónimos: argana.
    2. Palla pequena que se desprende da estriga do liño ou cánabo logo de espadelar.

    3. Bordo libre das láminas dun cogomelo.

  2. s f [MAT]
    1. Liña recta formada pola intersección de dous planos que forman un ángulo diedro.

    2. Segmento de recta formado pola intersección de dúas caras contiguas dunha superficie poliédrica.

  3. s f

    Parte que sobresae en calquera corpo de formas angulosas e afiadas.

    Confrontacións: saínte.
  4. s f

    Parte moi pequena de calquera cousa.

    Sinónimos: argana, argueiro.
  5. s f

    Persoa moi delgada.

  6. [ARQUIT/CONSTR]
    1. s f

      Intersección dunha bóveda cun muro ou con outra bóveda.

    2. s f pl

      Nunha construción, partes elevadas e sobresaíntes, largas e delgadas.

    3. bóveda de aresta.

    4. aresta exterior da calzada

      Nas estradas, liña de separación entre a parte destinada á circulación de vehículos -sen contar a beirarrúa- e as superficies contiguas.

    5. aresta interior da calzada

      En carrís de calzadas separadas, límite da zona destinada a vehículos máis próximos ao centro da vía.

  7. s f [XEOG]

    Liña divisoria das vertentes dunha montaña ou dunha serra.

  8. s f [ENTOM]

    Extremo filiforme e indiferenciado das antenas de certos dípteros.