Arfé
Arfé
Denominación que reciben varias resolucións lingüísticas. O deputado italiano Gaetano Arfé presentou o 16 de outubro de 1981 unha proposta votada polo Parlamento Europeo que favorecía a defensa das linguas minoritarias. Esta era a primeira resolución Arfé que constaba dunha carta comunitaria das linguas e das culturas rexionais, e outra verbo dos dereitos que posúen as minorías étnicas. O 11 de febreiro de 1983 votouse e adoptouse a “segunda resolución Arfé” na que o italiano amosaba a necesidade dun incremento das medidas a prol das linguas e culturas minoritarias.