argonauta

argonauta

(< antropónimo gr )

  1. s m [MIT/LIT]

    Cada un dos cincuenta e cinco compañeiros de Xasón que, embarcados na nave Argos, participaron na procura do vélaro de ouro. Os de máis sona foron Heracles (o Hércules romano), Anceo e Orfeo. Os argonautas embarcaron en Tesalia e, despois de pasar moitos apuros, arribaron á Cólquide, onde, en poder do Rei, quedaba o vélaro. A lenda, en parte anterior á Odisea, orixinou un ciclo literario. Co título de Os Argonautas, Apolonio de Rodas escribiu no s III a C un poema épico moi erudito que narraba esta expedición.

  2. s m [MAR]

    Tipo de embarcación de regatas de 3,80 m de eslora.

Palabras veciñas

argomar | Argomoso | argon | argonauta | Argonauta | Argonne | Argonne National Laboratory