Argüelles

Argüelles
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe de orixe asturiana que se asentou en Galicia. Seguindo a antiga tendencia que procuraba heroes clásicos como fundadores de vilas e familias galegas, hai quen chegou a dicir que provén dos capitáns de Argos que chegaron a España co célebre Astur. Os Argüelles galegos adoitan conservar as armas primitivas: en campo de goles, cinco flores de lis de ouro, postas en aspa; bordo de ouro, con sete cadros de veiros de azul e prata. Outra variante representa, sobre campo de goles, dúas chaves de azul.